EU RURAL | Grupo de Desenvolvemento Rural 14
14869
home,page,page-id-14869,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-9.1.2,wpb-js-composer js-comp-ver-4.11.2.1,vc_responsive

Que é LEADER

a
Estratexia Europea 2020

Marca como obxectivo lograr un desenvolvemento territorial equilibrado e sostible das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego.

a
Programa de Desenvolvemento Rural

O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia foi adoptado oficialmente pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, e nel presentanse as prioridades de Galicia no que respecta ao desenvolvemento das zonas rurais.

a
Medida LEADER 2014-2020

O enfoque Leader, como instrumento de desenvolvemento territorial integrado no nivel local, fomenta o desenvolvemento das zonas rurais, baseado nun sistema integrado, innovador e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenas do territorio e dende unha perspectiva “de abaixo a arriba

A iniciativa de planificación a teñen que ter as comunidades locais, que, organizadas en asociacións público-privadas como Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), elaboran e executan una estratexia de desenvolvemento para un territorio determinado aproveitando os seus recursos.
Este enfoque ascendente implica un  reto de dinamización social para conseguir unha maior implicación da poboación na solución dos  problemas comúns que lles afectan e un maior compromiso nas actuacións que proxectan.

Que son os Grupos de Desenvolvemento Local (GDR). O GDR 14

mapa-gdr-14-web

Un GDR é unha entidade de natureza asociativa sen ánimo de lucro, integrada por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio determinado e que deseña e aplica unha estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio de actuación.

O futuro GDR 14 abarcará o seguinte territorio, composto por 13 concellos: Baiona, Fornelos e Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui

Na actualidade o grupo ten 224 entidades asociadas, públicas y privadas. Están organizadas en mesas sectoriais en función da súa natureza:

  • Institucional
  • Muller
  • Montes e Medio Ambiente
  • Desenvolvemento económico
  • Veciñal, Cultural, Deportiva e Xuvenil
  • Acción social
  • Agro – Gandeira
A filosofía LEADER basease no enfoque territorial e integrador para a definición da estratexia de desenvolvemento, no enfoque ascendente o que require que a búsqueda de solucións e a toma de decisións durante o proceso parta de abaixo (poboación participativa) cara arriba, o enfoque multisectorial, onde os GDRs son as unidades territoriais de xestión do programa, composta polos axentes sociais e económicos da zona, e o enfoque innovador.

 

Que é a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa

É o programa de desenvolvemento local elaborado de abaixo a arriba polo GDR, no que se define unha estratexia integrada e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio

Estrutura da Estratexia de Desenvolvemento Local
Descrición do GDR
Territorio e Poboación
Estratexia de Desenvolvemento
Normativa de xestión

Contidos da Estratexia de Desenvolvemento Local

DAFO

Análise das necesidades de desenvolvemento e potencial da zona de actuación

INTERRELACIÓNS

Descrición das características integradas da estratexia, describindo a interrelación que pode darse entre os diferentes sectores.

INNOVACIÓNS

Descrición das características innovadoras da estratexia establecendo que servizos, produtos ou intervencións necesita a comunidade para lograr efectos multiplicadores sobre os cambios que se queren acadar

OBXECTIVOS E ACTUACIÓNS

Definición dos obxectivos que se queren acadar establecendo as actuacións específicas que serán subvencionables. Os obxectivos teñen que ser específicos, medibles e realistas

ACCIÓNS

Descrición dun plan de acción para que os obxectivos se transformen en accións concretas

GASTOS E INVESTIMENTOS

Previsión da distribución do gasto público da estratexia en investimentos materiais, inmateriais e gasto corrente

COMPLEMENTARIEDADE

Complementariedade con outros programas de desenvolvemento que se apliquen no territorio

FORMACIÓN

Plan de formación tendente a incrementar a capacitación para o emprego da poboación activa do territorio

leader-agader
xunta
logotipo-medio-ambiente
logo-feader-2