Escola Eu Rural

A ESCOLA EU RURAL é un instrumento da ADR concebido para ofrecer formación e información á poboación en xeral e aos traballadores e colectivos sociais implicados no medio rural.

 

A través da ESCOLA EU RURAL programaranse e coordenaranse accións de formación, difusión e sensibilización dirixidas a ampliar o nivel de coñecemento e capacitación da poboación e dos actores locais en materias diversas relacionadas co desenvolvemento rural, como son a produción agraria e forestal, a dinamización e diversificación socioeconómica do territorio, o benestar social e a mellora da calidade de vida da poboación ou a conservación dos recursos e a sostibilidade ambiental.

LogoEscolaEurural-01

Programas

logo-cos-pes

Actividades de información e demostración promovidas pola entidade ADR MAIV – Baixo Miño, e financiadas ao 75% polo FEADER no Marco do PDR Galicia 2014-2020. Dirixidas a poboación e persoas traballadoras do medio rural e do ámbito agrario, forestal e  agroalimentario do territorio da ADR MAIV – Baixo Miño. As accións desenvolveranse entre agosto e outubro de 2017 e febreiro e marzo de 2018.

 

Executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona.

 

Para participar é obrigatorio presentar inscrición previa debidamente cumprimentada para cada  unha das acción. Os solicitantes recibirán posteriormente confirmación da súa admisión na actividade solicitada.

Actividades de información e demostración

“ENXERTOS EN PLANTAS DE VERÁN”           

28 e 29 de agosto de 2017. 16 – 21 horas.

4 e 5 de setembro de 2017. 16 – 21 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

20 prazas.

Santiago Ramos Rodríguez.

 

“PREPARACIÓN DE SOLOS, PODAS E VARIEDADES EN ESPECIES FROITEIRAS ATLÁNTICAS”

6 de setembro de 2017. 16 – 20.30 horas.

7 de setembro de 2017. 10 -14 horas e 16 – 20.30 horas.

8 de setembro de 2017. 9.30 – 14 horas.

22 de setembro de 2017. 19 – 21.30 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

20 prazas.

Jose Luis Álvarez Fernández (días 6, 7 e 8 de setembro).

Francisco Otero Otero (día 22 de setembro).

 

“FERRAMENTAS PARA EMPRENDER”

11, 14, 18 e, 21 de setembro de 2017. De 17 horas a 20 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

12 horas de duración.

Prazas limitadas, previa inscrición, ata o límite do aforo.

Gonzalo Garre Rodas.

 

“A EXPERIENCIA DE ESPECIES FROITEIRAS NOUTROS TERRITORIOS: VISITA A ASTURIAS”

28 e 29 de setembro de 2017.

2 días de duración.

30 prazas.

Jose Luis Álvarez Fernández (Coordinador).

“PRAGAS: SISTEMAS DE CONTROL E NOVAS TECNOLOXÍAS NO EMPREGO DE PRODUTOS FITOSANITARIOS” – (ACUBAM)

2, 3, 9 e 10 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

30 prazas.

Jose Luis Andrés Ares.

 

“USO EFICIENTE DA AUGA  NAS EXPLOTACIÓNS” – (ACUBAM)

13 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.

14 de outubro de 2017. 9 – 14 horas.

20 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.

21 de outubro de 2017. 9 – 14 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

30 prazas.

Rafael Carrera Díaz.

 

“NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO: NETWORKING SOBRE VENDAS”

19 de outubro de 2017. 10 – 14 horas  e  16 – 20 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

8 horas de duración.

Prazas limitadas, previa inscrición, ata o límite do aforo.

Gonzalo Garre Rodas (Coordinador).

 

 “ENXERTOS EN PLANTAS DE INVERNO”

5 e 6 de febreiro de 2018. 16 – 21 horas.

5 e 6 de marzo de 2018. 16 – 21 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

20 prazas.

Santiago Ramos Rodríguez.

Prema no botón e enche o formulario para preinscribirte nas actividades que queiras do programa “Cos pés na Terra”