O concurso escolar Creando Rural remata con máis de 4.700 votos do público

O concurso escolar Creando Rural remata con máis de 4.700 votos do público

Éxito de participación na primeira edición do concurso escolar Creando Rural, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural co obxectivo de achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural ás cativas e cativos e, a través deles, informar sobre a Medida Leader  á poboación residente nos 13 concellos que pertencen ao Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14) (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui).

En total, 28 aulas de 12 centros escolares de 7 municipios do territorio presentaron os seus proxectos a concurso para participar nalgunha das dúas categorías aberta, educación infantil e primaria. Os colexios participantes foron, por concellos:

  • Gondomar:
    • CEIP Serra de Vincios
    • CEIP Souto Donas
  • A Guarda:
    • CEIP As Solanas
  • Nigrán:
    • CEIP Mallón
  • Pazos de Borbén:
    • CEP Curros Enríquez
  • O Porriño:
    • Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor
  • Redondela:
    • CEIP Laredo
    • EEI de Ventosela
    • CPR Plurilingüe Vigo
  • Tomiño:
    • CRA Mestre Manuel Garcés. Participou coas escolas da Aurora, de Amorín, de Barro, de Carregal, de Estás, de Figueiró, de Forcadela, do Seixo 2, de Vilachán e de Vilameán.
    • EIP Pintor Antonio Fernández

 

 

Proxectos gañadores

Ao éxito de participación hai que sumarlle o éxito de resposta do público na votación popular, xa que se recibiron un total de 4.707 votos. De estes, 2.852 foron para a categoría de educación infantil e outros 1.855 para a categoría de primaria. Así, as aulas gañadoras por votación popular foron:

  • 6º EI CEIP As Solanas (A Guarda) – categoría educación infantil
  • 2º EP CEIP Souto Donas (Gondomar) – categoría educación primaria

Por outra banda, debido á calidade dos proxectos presentados a concurso, o tribunal decidiu por unanimidade outorgar catro premios ex aequopara recoñecer o gran traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado participante. As clases gañadoras da votación do xurado son:

  • 5ºEI CEIP Laredo (Redondela) – categoría educación infantil
  • 5ºEI CEIP Mallón (Nigrán) – categoría educación infantil
  • 5ºEP CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño) – categoría educación primaria
  • 3ºEP CEIP Serra de Vincios (Gondomar) – categoría educación primaria

Como premio os gañadores da categoría infantil, que concursaron cun mural creativo, realizarán unha excursión dun día de duración á Granxa Escola O Kiriko (Fornelos de Montes) os vindeiros días 4 e 6 de xuño. Pola súa parte, os vencedores na categoría de educación primaria, que tiveron que preparar un vídeo para o concurso, visitarán o vindeiro 8 de xuño o centro de actividades na natureza FervenzAventura, en Silleda.

Dende a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural quérese dar a noraboa a todos os gañadores e gañadoras do concurso e agradecer a todos os centros escolares que que se presentaron a súa participación e implicación no proxecto.