Viños das IXP de Galicia

Proxecto

Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Este proxecto pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.

 

Socios

Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Asociación Galicia Suroeste Eurural, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, Grupo de Desenvolvemento Salnés-Ulla-Umia e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

 

Entidades colaboradoras

O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia

 

Financiamiento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

 

Máis información na web: xn--vios-hqa.ixp.gal

 

Máis información nas redes sociais: