Proxectos

Proxectos Leader

Proxectos de Cooperación

Interritmos: Ritmos e Pobos (2011)

Interritmos é un proxecto de cooperación nacional liderado polo Grupo galego de Desenvolvemento Rural Deloa, e no que participamos como socios xunto a 10 grupos mais de toda España. O proxecot foi aprobado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, na convocatoria de 2011 e ten por finalidade a caracterización, visibilización, recuperación, valorización e difusión do patrimonio musical tradicioal dos espazos rurais.

 

Dentro do Proxecto, se ten celebrado o pasado 29 de xuño de 2013 un certame de musica tradicional, onde os dous primeiros clasificados terán a posibilidade de grabar un disco a nivel nacional xunto cos gañadores dos demais certames celebrados nos distintos territorios participantes no proxecto. No caso do noso GDR, os gañadores foron «Pandereteiras A Buxaina» de Coruxo; e «Os Treboeiros da Muimenta» de Tomiño.

 

Ademais destes dous galardóns, se concederon 3 accesits, que foron a parar a mans da agrupación «Gandariño» de O Porriño; a «Banda de Gaitas Atlántida de Matamá» de Vigo, e «Airiños Novos de Pinzás» de Tomiño.

"Calidade Agroalimentaria": Señas de identidade dos territorios Rurais (2011)

O proxecto «Calidade Agroalimentaria» está liderado por un grupo de Castela León, AIDESCOM (Segovia) e nel participamos como socios, xunto a 32 Grupos de Desenvolvemento Rural de toda España.

O proxecto foi aprobado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, dentro da convocatoria de proxectos de cooperación para o ano 2011, e ten por finalidade conseguir por medio do aumento da competitividade das pemes agroalimentarias un aumento no desenvolvemento do sector e no emprego que xenera, mediante a identificación de productos locais e unha imaxe comarcal, reforzando o vínculo co territorio, e mellorando a calidade das nosas produccións, transformándose así nunha seña de identidade dos nosos territorios rurais.

 

Documentación:

Pliego anteproyecto calidad agroalimentaria

Pliego asistencia tedcnica calidad agroalimentaria

Proxecto Retru (2009)

Documentación:

Estudo final Retru

Documento final Retru

 

Páxina web:

www.retru.org

Otros Proxectos