Transformación e comercialización de produtos cárnicos da nosa terra

Promotor: Miguel Amaro Mariño

Concello: Tomiño

Puntuación: 63,00

Orzamento elexible do proxecto: 20.148,35 €

Importe da axuda: 10.074,18 €

Resumo do proxecto: O proxecto consiste na creación dunha nova actividade do promotor, vinculado coa explotación gandeira que posúe dende fai anos, destinada á cría de razas autóctonas, tanto de vacún coma de porcino, caprino e avícola (vaca cachena, porco celta, cabra galega e galiña de Mos).

Co proxecto se acondicionou un local con sala de elaboracións dentro do Mercado Municipal de Goián, no Concello de Tomiño, e se adquiriu a maquinaria e o equipamento necesarios para poder transformar e comercializar os seus propios preparados cárnicos. Esta transformación e comercialización axudan a xerar valor engadido ás carnes que o promotor ven producindo dende fai anos no Baixo Miño.

Con este proxecto se creou un novo posto de traballo vinculado á nova actividade de transformación e comercialización cárnica.

Previo

Execución