Servizo de transporte adaptado: STA – Alzheimer no Baixo Miño

Promotor: AFAGA ALZHEIMER

Concello: Tui

Puntuación: 59,00

Orzamento elixible do proxecto: 34.797,18 €

Importe da axuda: 26.917,49 €

Resumo do proxecto: O proxecto consiste na adquisición dun furgón adaptado para prestar servizos de desprazamento ás persoas que padecen Alzheimer na contorna no GDR 14.

Sendo coñecedores dende a Asociación Afaga de que existen moitas familias que non poden acompañar ás persoas afectadas a actividades terapéuticas ofertadas pola asociación nos seus centros de recursos, ben pola distancia ou por non dispor de vehículo, deciden solicitar este proxecto para poder ter un transporte que lles permita realizar as labores de recollida e traslado das persoas afectadas facilitándolles así actividades que poidan minorizar o avance da enfermidade e mellorar a súa calidade de vida.

Execución