Programa “Estimula-2”

Promotor: Concello de Nigrán

Concello: Nigrán

Puntuación: 53,00

Orzamento elexible do proxecto: 17.155,07 €

Importe da axuda: 15.096,46 €

Resumo do proxecto: O proxecto consiste na  aplicación das TIC ao tratamento de persoas maiores que padecen unha demencia neurodexenerativa.

Mediante este proxecto se adquirirán unha serie de equipamentos que melloren, nunha etapa de prevención as  habilidades  e competencias cognitivas dos noso maiores  mantendo e aumentando as capacidades que aínda conservan mediante estimulación e adestramento continuado, compensando así o debilitamento propio da idade, e polo tanto, mellorando a súa calidade de vida e autonomía persoal.

Esta iniciativa se enmarca dentro dun programa xeral de envellecemento activo de detección, prevención e tratamento de enfermidades tipo demencia neuro dexenerativa, a través de actividades que combinan diferentes exercicios terapéuticos, técnicas de rehabilitación e aprendizaxe orientadas a estimular a plasticidade cerebral e reserva cognitiva.

Previo

Execución