Moldes, reciclaxe de cartón e Showroom en Koala Internacional S.L.

Promotor: KOALA INTERNACIONAL HOSTELERÍA S.L.

Concello: O Porriño

Puntuación: 38

Orzamento elixible do proxecto: 78.017,15 €

Importe da axuda: 11.322,80 €

Resumo do proxecto: Koala Internacional, é unha empresa dedicada á fabricación e comercialización de accesorios para o sector do viño, o cava, o champagne e os combinados. Os principais clientes desta empresa son as bodegas, a hostalaría e a canle HORECA. Dende fai anos e grazas ao seu investimento en I+D, están presentes nun amplo mercado, e contaron coa axuda do Leader para desenvolver, deseñar e fabricar uns moldes que lles permitiron producir novas cubiteras para manter refrixeradas as bebidas e moldes para a fabricación de xeo en forma de Tetris.
Xunto a este investimento, tamén se incorporaron ao proxecto Leader, a adquisición de carretillas pesadoras que permitiron a realización dun traballo en almacén máis eficaz e eficiente e a creación dun Showroom nas propias instalacións da empresa, no cal expoñn o seu produto á clientes e comerciais dunha forma máis atractiva, permitindo así que todos os produtos que fabrica Koala Internacional teñan a unha boa presenza e exposición neste Showroom.

Previo

Execución

Segue este proxecto en:

Web: koalaspain.com/
Facebook: www.facebook.com/koalaspain.es/
Instagam: www.instagram.com/koalaspain/

Repercusión nos medios de comunicación:

www
www