Modernización de obradoiro e muiño de panadería en Panadería Argibay

Promotor: Panadería Argibay S.L.

Concello: O Porriño

Puntuación: 61,00

Orzamento elexible do proxecto: 22.700,00 €

Importe da axuda: 11.350,00 €

Resumo do proxecto: O proxecto consiste na modernización dun obradoiro de panadería e dun muíño para moer a súa propia fariña na panadería Argibay, produtor de pan de O Porriño localizado na parroquia de Torneiros. Concretamente a entidade promotora modernizou un antigo muíño con carga automatizada de cereal e descarga automatizada da fariña, saneou as estruturas de madeira, procedeu ao encolado e reforzado do mástil, e reparou a balaustrada e a tapa para a pedra.

Ademais das actuacións sobre o muíño para mellorar a súa conservación e mantemento, tamén modernizou o obradoiro coa adquisición de nova maquinaria e equipamento, destinado tanto a pastelería coma á produción e venda de pan, mediante a incorporación dun novo forno para a pastelería e dunha cortadora rebanadora de pan.

Coa execución deste proxecto se creou un novo posto de traballo en Panadería Argibay.

Previo

Execución