Aula de informática para centro de rehabilitación psicosocial e laboral e vivenda protexida en A Guarda

Promotor: ASOCIACIÓN AVELAIÑA DE AXUDA A PERSOAS CON PROBLEMAS DE SAÚDE MENTAL

Concello: A Guarda

Puntuación: 77,00

Orzamento elixible do proxecto: 16.918,35 €

Importe da axuda: EN EXECUCIÓN

Resumo do proxecto: O proxecto Leader consistirá na creación dunha aula de informática equipada para impulsar as novas tecnoloxías e redes sociais entre as persoas usuarias, familiares e persoas afectadas directa ou indirectamente por unha enfermidade mental.
A Asociación Avelaiña foise convertendo nun referente en saúde mental no Baixo Miño, con máis de 20 anos traballando e desenvolvendo nosos servizos entre os que destacan o centro co que conta en A Guarda e a vivenda protexida, que dan servizo a mais de 40 persoas usurarias.
No novo espazo que se creará, aspiran a ofertar un lugar de encontro e formativo que axude ao impulso e ao manexo destas novas ferramentas que as tecnoloxías nos amosan, para manter un contacto directo co mundo real e actual, no que como se demostra, as tecnoloxías e as redes sociais forman parte da vida cotiá de todas as persoas, axudando así na medida do posible a que as persoas usuarias non padezan ou se sintan excluídas por non adaptase as novas necesidades da vida actual.

Previo

Execución

Proximamente…

Segue este proxecto en:

  • Web: www.proxecto.com
  • Facebook: www.facebook.com/proxecto
  • Instagam: www.instagram.com/proxecto

Repercusión nos medios de comunicación:

  • www.___.es/proxecto
  • www.___.es/proxecto