Apartamentos turísticos en Figueiró

Promotor: Antía Pousa Guerreiro

Concello: Tomiño

Puntuación: 75,00

Orzamento elexible do proxecto: 468.783,10 €

Importe da axuda: 200.000,00 €

Resumo do proxecto: O proxecto consiste na creación duns apartamentos turísticos en Figueiró, Tomiño. Se trata dunha actividade económica nova, destinada a ofertar aloxamento turístico de calidade e experencial no rural, coa construción de seis apartamentos dunha chave. A promotora oferta aos visitantes a posibilidade de aloxarse en 6 apartamentos, todos eles diferentes, que levan por nome unha variedade de uva propia da zona do Baixo Miño, coas que se elaboran os nosos mellores viños, pois os apartamentos se localizan dentro dunha explotación agraria destinada a viñedo.

Dispoñen de dous apartamentos totalmente adaptados para persoas con diversidada funcional, dous apartamentos de uso familiar o os outros dous apartamentos, ofertan un aloxamento mais exclusivo con jacuzzi privado en cada un deles.

A actividade de aloxamento se completa cunha amplia oferta de actividades complementarias como rutas en bicicleta, rutas de sendeirismo ou xornadas gastronómicas. En colaboración con establecementos proximos, ofertan servizo de restauración ao gusto das persoas hospedadas nos apartamentos Alto da Pousa.

Coa posta en marcha deste apartamentos, se teñen creado dous novos postos de traballo feminino no noso rural.

Previo

Execución