Adquisición de vehículos adaptados vinculados ao centro de VONTADE para ampliación de servizos ás persoas con discapacidade

Promotor: Asociación de persoas con discapacidade do Baixo Miño «VONTADE»

Concello: Tomiño

Puntuación: 68,00

Orzamento elixible do proxecto: 108.432,58 €

Importe da axuda: 54.216,58 €

Resumo do proxecto: O proxecto consiste na adquisición de dous novos vehículos adaptados necesarios para poder ofertar transporte no rural, a todas aquelas persoas cunha discapacidade e baixos recursos que acoden diariamente ao centro de Vontade para cubrir as súas necesidades de servizos específicos, enfocados a lograr unha maior autonomía persoal, así como servizos especializados tales como terapia ocupacional, fisioterapia, traballo social, educación social, formación e actividades de tempo libre para acadar unha inclusión óptima deste colectivo.