Promotor: ASOCIACIÓN AGRUPACIÓN MUSICAL DE O ROSAL
Concello: O Rosal
Puntuación: 80,00
Orzamento elixible do proxecto: 38.115,00 €
Importe da axuda: EN EXECUCIÓN
Promotor: ASOCIACIÓN AGRUPACIÓN MUSICAL DE O ROSAL
Concello: O Rosal
Puntuación: 80,00
Orzamento elixible do proxecto: 38.115,00 €
Importe da axuda: EN EXECUCIÓN
Resumo do proxecto: A Asociación Agrupación Musical de O Rosal, é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con banda de música, banda de música infantil, mini banda, coral, coral infantil, grupo tradicional, grupo de padereteiras, grupo de folk e grupo de clarinetes.
Partindo do envellecemento da poboación que ten unha especial incidencia nos concellos máis rurais, como é o caso de O Rosal, a entidade promotora traslada na súa solicitude ao Leader a necesidade que detecta de poder realizar traslados de persoas maiores que loitan por envellecer activamente, neste caso a través da música, tanto para poder ensaiar e practicar como para poder actuar en calquera lugar de Galicia e incluso no norte de Portugal. Xunto ao colectivo citado, na entidade tamén contan con persoas usuarias que independentemente da súa idade, presentan mobilidade reducida acaída por diversas causas, que lles impiden diariamente poder asistir ás actividades que a entidades lles oferta e participar nas actuacións que son moi numerosas durante todo o ano.
O vehículo adaptado que se quere adquirir estará dotado con plataforma elevadora, escada lateral, e
todos os elementos necesario, que permitirán que calquera persoa poda practicar ou participar da actividade musical sen que existan barreiras en canto á mobilidade.
Segue este proxecto en:
Repercusión nos medios de comunicación: