As vaquiñas de Pinzás

Promotor: C.M.VM.C. Pinzás

Concello: Tomiño

Puntuación: 70,00

Orzamento elixible do proxecto: 187.476,00 €

Importe da axuda: 149.385,65 €

Resumo do proxecto: As Vaquiñas de Pinzás é un proxecto que parte da pequena experiencia iniciada pola CMVMC de Pinzás de introdución de gando nos montes, e propón a posta en marcha e consolidación dun sistema silvopastoril, mediante a implementación tecnolóxica de xestión e a aposta pola educación, para achegar coñecementos ao público infantil e xuvenil, e á sociedade en xeral, relacionados co monte, co gando, coa importancia da conservación dos ecosistemas, da biodiversidade e da recuperación de especies en perigo de extinción.

O proxecto desenvolve a súa dimensión educativa en torno á concepción dun espazo interactivo de interpretación, onde a tecnoloxía ponse ao servizo da educación para achegar coñecementos de valor sobre os montes, os seus usos, os seus retos e a súa importancia.

Previo

Execución