Eurural acolle un programa formativo 
para aprender a poñer en marcha unha cooperativa para a elaboración de conservas artesanais

Agrolab Baixo Miño arrancará o vindeiro 8 de outubro e contará con 100 horas de formación sectorial e específica.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural acolle nas súas instalacións de Mos o curso Agrolab Baixo Miño, un programa formativo enmarcado nun proxecto que busca identificar novas oportunidades de emprego na comarca.

O curso comezará o vindeiro 8 de outubro e contará cun amplo programa formativo a través do que as persoas participantes coñecerán de primeira man todo o necesario para poñer en marcha unha cooperativa para a elaboración de conservas artesanais de froitas e verduras no Baixo Miño.

O programa consta de 100 horas de formación sectorial e específica, nas que persoas expertas e mentores acompañarán a todas e todos os participantes cunha metodoloxías práctica e moi dinámica. O curso terá lugar en horario de mañá, de luns a venres de 09.00 a 15.00 h.

As clases celebraranse nas instalacións de Eurural na Avenida de Peinador-Tameiga, 39 (Mos) e as persoas participantes poderán contar cunha axuda para o desprazamento. O curso é de balde.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deben de inscribirse pinchando aquí.