Cooperación

A Cooperación Leader ten por obxecto relacionar a colectivos de determinados territorios con colectivos similares doutros territorios coas mesmas necesidades, co fin de favorecer unha aprendizaxe mutua e buscar solución común á problemas concretos.

Deste xeito, a cooperación é unha maneira de ampliar perspectivas do ámbito local e aportar novos coñecementos aos territorios co fin de mellorar as súas estratexias locais, podendo impulsar o carácter innovador das accións de desenvolvemento rural e contribuír a aumentar a competitividade dos territorios mediante o desenvolvemento das súas capacidades, a atracción de novos socios empresariais e a difusión da innovación, o coñecemento e as novas habilidades.

Proxectos

EUROCHEF, A CHEF AT THE RURAL
Logo-eurochef

Proxecto: Eurochef, é un proxecto de cooperación transnacional entre grupos de desenvolvemento rural de Galicia e Romanía, no que a Asociación De Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é o grupo coordinador.
O obxectivo xeral é alcanzar un desenvolvemento económico sostible poñendo en valor os produtos locais e os territorios, tendo como base a gastronomía, o patrimonio e a cultura. O proxecto pretende por en valor os produtos gastronómicos locais para fomentar o seu consumo, así como difundir as tradicións gastronómicas dos territorios socios e crear unha estratexia conxunta para acceder a outros mercados por enriba das fronteiras.
Con Eurochef perseguimos, mellorar a rendibilidade económica das empresas produtoras e transformadoras do territorio así como das empresas vinculadas ao sector turístico, favorecer a transferencia de coñecemento e das tradicións gastronómicas, creando novas elaboracións con produto local a través da fusión con cociñas doutros países, incrementando o nivel de coñecemento e formación da poboación local vinculada á gastronomía, divulgando unha dieta saudable vinculada ao produto local, creando lazos con novos mercados que permitan as nosas produtoras acceder aos mercados sen intermediarios, integrando nos novos produtos turísticos a gastronomía e a posta en valor dos recursos culturais e patrimoniais, facilitando a participación das nosas empresas en foros e feiras e creando unha estrutura máis alá do proxecto que consolide a rede e a durabilidade das ferramentas xeradas co proxecto que capitalice o coñecemento e a experiencia do proxecto.

 

Socios: Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural (Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Terras de Pontevedra Norte e GAL Bucovina de Munte ( Romanía).

 

Entidades Colaboradoras: O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto do Concello de Agolada, Concello de Forcarei, Concello de Silleda, Concello de Vila de Cruces, Concello de Lalín, Concello de Dozón, Concello da Estrada e Concello Rodeir, La Torta S.L., Mirabel do Rosal, Pazo de Valdomiño S.A, Kiwi Atlántico S.A, Hermanos Cabanas Lalín S.L., Gastro Galicia, Rivero Alimentación S.L, Iván Méndez Álvarez e Adegas Castrobrey S.L.

 

Financiamiento: O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

Máis información nas redes sociais:

SON DE MONTE
Logo-Son-de-monte

Proxecto: O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte. Rede que nos permita ter un espazo de debate e de deseño das liñas xerais que debe seguir a valorización do monte, debullar como debe ser a relación das persoas propietarias e da veciñanza co monte e, ademais, crear o primeiro material de divulgación para os donos e donas das pequenas propiedades forestais.
Son de Monte emerxe da unión de seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para iniciar experiencias piloto de xestión do monte: a rexeneración tras un incendio, a posta en valor do rebolo e do bidueiro, a recuperación do cultivo do centeo, a multifuncionalidade, o patrimonio e a compensación do CO2 en montes comunais.

 

Socios: Grupo de Desenvolvemento Rural Límia – Arnoia ( Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais, Asociación de Desenvolvemento Rural Condado – Paradanta e Asociación de Desenvolvemento Seitura 22.

 

Entidades Colaboradoras: O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto do Concello de Tomiño, Concello de As Neves, Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación Galega de Tracción Animal.

 

Financiamiento: O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

Máis información na web e redes sociais:

INCORPORANDO ILUSIÓNS
logo_00

Proxecto: Incorporando Ilusións é un proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.
A través desta rede para animar a incorporación de persoas no sector primario, pretendemos fomentar a emprendeduría e mellorar a empregabilidade, conectándo ás empresas das áreas rurais co talento da xuventude, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno ao rural.
O obxectivo principal do proxecto é incentivar e facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais, dinamizando e diversificando a economía dos nosos territorios.

 

Socios: Asociación Seitura 22 ( Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, Grupo de Desenvolvemento Rural Límia – Arnoia, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Asociación de Desenvolvemento Terra Chá

 

Financiamiento: O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades socias do proxecto.

Máis información na web: https://norural.gal/

Plataforma de emprego: https://traballo.norural.gal/

DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DAS IXP VINÍCOLAS DE GALICIA

Proxecto: Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 15 adegas repartidas entre as catro Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Este proxecto pretende impulsar o sector vitivinícola de cada unha das indicacións establecendo canles de comunicación e cooperación entre elas e, ao tempo, favorecer o coñecemento, dentro e fóra das súas comarcas, dos produtos que elaboran as adegas, así como dos recursos enoturísticos que os rodean.

 

Socios: Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Asociación Galicia Suroeste Eurural, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense, Grupo de Desenvolvemento Salnés-Ulla-Umia e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.

 

Entidades colaboradoras: O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia

 

Financiamiento: O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

Máis información na web e redes sociais: