O GDR

Que son os Grupos de Desenvolvemento Local (GDR). O GDR 14

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) son entidades de natureza asociativa sen ánimo de lucro, integrados por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio determinado e que deseña e aplica unha estratexia de desenvolvemento local participativa para o seu territorio de actuación.

No período actual de programación comunitaria en Galicia contamos con 24 GDR dos cales o noso se corresponde co GDR 14.

Para aplicar a súa Estretexia de Desenvolvemento Local Participativa, o GDR 14 ten asinado un convenio de colaboración coa Axenvia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dependente da Consellería de Medio Rural, para a xestión e aplicación do Programa Leader 2014 – 2020 no noso territorio.

O GDR 14 abarca 13 concellos: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Documentación:

 

Convenio colaboración agader

A filosofía LEADER basease no enfoque territorial e integrador para a definición da estratexia de desenvolvemento, no enfoque ascendente o que require que a búsqueda de solucións e a toma de decisións durante o proceso parta de abaixo (poboación participativa) cara arriba, o enfoque multisectorial, onde os GDRs son as unidades territoriais de xestión do programa, composta polos axentes sociais e económicos da zona, e o enfoque innovador.