A asociación

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural ten as súas orixes nos Programas de Desenvolvemento Rural que se veñen desenvolvendo no noso territorio dende finais dos anos 90 a través dos Programas Proder e Leader. Froito da necesidade de crear entidades no territorio que colaborasen na posta en marcha destas iniciativas cofinanciadas con Fondos Comunitarios, no ano 2008 se produce unha fusión entre as asociacións que xestionaban os Programas Proder II no Baixo Miño e na Mancomunidade da área Intermunicipal de Vigo. Esta nova asociación pasou a denominarse Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño e aglutinou a 15 concellos (Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui). Durante os anos 2007 – 2013 esta entidade foi a encargada de xestionar o Programa Leader como entidade colaboradora de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

 

De cara a continuar coa labor de dinamización e desenvolvemento rural, o tecido asociativo e as institucións do noso territorio deciden buscar novas alternativas que melloren e incrementen os nosos recursos e coincidindo con novo Programa de Desenvolvemento Rural Leader 2014 – 2020 no que se exclúen do noso territorio de actuación os concellos de Soutomaior e Vigo, se amplían os obxectivos e finalidades da asociación e se pasa a denominar Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural.

 

A asociación está constituída por todas as entidades do ámbito institucional, económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexen implicarse co territorio para o seu desenvolvemento. A entidade funcionan como calquera asociación sen fin de lucro e deben cumprir o principio de “portas abertas” pola que tanto para a súa constitución como posteriormente están obrigadas a admitir a calquera organización do territorio que desexe participar no proxecto.

 

A estrutura da asociación se organiza en mesas sectoriais, e cada unha das mesas ten os seus representantes na Xunta Directiva formada por 21 membros.

Mesa institucional

Mesa de desenvolvemento económico

Mesa da muller

Mesa de monte e medio ambiente

Mesa de acción social

Mesa veciñal, cultural, deportiva e xuvenil

Mesa agrogandeira

Socios: como facerse socio

Poden participar como socios todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nos 13 concellos do noso ámbito de actuación e que demostren exercer a actividade cunha antigüidade mínima dun ano con anterioridade a súa solicitude de admisión.

 

A entidade que desexe participar, debe presentar os modelos normalizados cubertos axeitadamente no rexistro da Asociación. Unha vez rexistrados, solicitarase á Xunta Directiva a admisión de novos socio, sendo finalmente a Asemblea Xeral a que proceda á ratificación da incorporación. A partir dese momento, calquera entidade que manifestase expresamente o seu desexo de formar parte da entidade e teña entregada a documentación pertinente, formará parte como socio, e terá a posibilidade de formar parte da Xunta Directiva, e asistir e participar nas mesas sectoriais e de exercer o seu dereito a voz e voto na Asemblea Xeral.

Rexistro de entrada de solicitude de incorporación como socio

Ficha básica da entidade

Acordo de solicitude de ingreso

Certificado de capacidade de obrar do presidente